20 dic. 2013

Familia de Instrumentos

     Neste trimestre estivemos coñecendo as tres grandes familias de instrumentos musicais. Despois de investigar un pouco e aprender os seus nomes e os materiais dos que están feitos fixemos diferentes murais onde pódese ver todo o aprendido.


18 dic. 2013

Como era o nadal dos nosos pais


       Co motivo da visita dos nosos maiores do Centro de Día das Neves nas casa fixemos enquisas para coñecer como se celebraba o Nadal antes. Tamén acadamos algúns cantos.
   
       aquí temos os nosos traballos.












5 dic. 2013

Estrofa canto de reis

Para recibir a visita dos nosos maiores temos que aprender un canto de reis para cantar todos xuntos.
déixovos o retrouso.

Cantámosche os reis, 
perniñas de cabra, 

cantámosche os reis,

non nos deches nada.

Cantámosche os reis do quiquiriquí, 
se non nos das nada mexámosche aquí. 


Tamén deixo o audio para practicar      




15 nov. 2013

Instrumentos de Percusión

Na clase de música traballamos cos instrumentos de percusión. Hai varios tipos e por iso aprendemos a súa clasificación.

 É moi divertido…


Hai claves, pandeiros, caixas chinesas, castañolas, crótalos, pandeiretas...














29 oct. 2013

"Instrumentos Monstruosos"

En Ed. Infantil estamos coñecendo algúns instrumentos de percusión. E decidimos elaborar co material de refugallo un instrumento para acompañar as nosas cantigas. E... como era samaín... o decoramos con fantasmas.

Quedou moi bonito


e aquí estamos cos instrumentos


25 oct. 2013

Canción Pacho Librín

       Co motivo do día da biblioteca escolar este ano lle fixemos unha canción  para á  nosa mascota da biblio: Pacho Librín. A letra a escribiron os nenos e nenas de 5º e as voces os nenos e nenas de 3º e 6º.
Parabéns a todos/as.



Se queres podes cantar coa letra

Gustaralle a Pacho Librín?



10 oct. 2013

Programa de radio!!!

Este ano os alumnos e alumnas de 6º curso cantaron unha canción composta por eles para darlles a benvida aos profesores/as novos e aos alumnos/e alumnas. Os profes son Javi e Jeru e os alumnos e alumnas son:
- Samanta, David, Javier, Miriam, Sara e Miguel que están na aula de tres anos.
- Olivia e Mario están na aula de cinco anos.
- Alba de 1º curso
- Nerea de 2º curso
- Sarai de 5º curso
- Sergio de 6º.

BENVIDOS a todos/as.

Non vos esquezades de participar no concurso da canción (visitar a nube da lingua).





BENVIDOS

Completa a letra da canción

22 sept. 2013

Biblioteca de Aula

Este ano temos un espazo para poder ler na aula de música. Hai libros moi interesantes!!!





23 abr. 2013

Día do libro

     No segundo trimestre o alumnado de 5º e 6º  estivemos traballando na realización da curtametraxe  Sherezade. (obra composta por Rimsky-Korsakov.  Hoxe a presentamos na biblioteca por ser a conmemoración do Día do libro. Foi un traballo longo...Pero está moi ben

22 abr. 2013

Rato Tom

Este é o conto do Rato Tom


15 abr. 2013

Mariluz Avestruz

A Canción de Mariluz A Avestruz

8 abr. 2013

Outro conto

Nesta semana escoitamos o conto do lobo Feróz.

2 abr. 2013

Contos en Canto


Neste mes de Abril, na radio escolar estamos escoitanto cancións baseadas en contos. Aquí os deixo algunas curtas dos contos e as cancións para que cantedes!!



12 mar. 2013

8 de Marzo

Co motivo da celebración do día da muller, en música estivemos coñecendo algunhas compositoras que polo feito de ser mulleres non tiveron moita fama

8 ene. 2013

Músicas do mundo : África


Nesta completísima web atoparedes moitísima información dos estilos musicais,instrumentos e intérpretes da música no continente africano.
Ademáis da información básica  hai moitas imáxess, vídeos e enlaces para que vos documentedes máis.